martes, 31 de enero de 2012

Teatro para a excursión

Os alumnos de 6º estamos a facer unha obra de teatro chamada "El hijo del elefante." Actuamos o 3 de Febreiro no salón de actos da nosa escola, e logo, o 3 de Marzo no centro Cívico de Teis, para recadar fondos para a excursión de fin de curso. Estades todos invitados!
A obra trata dun elefante moi curioso ao que sempre pegan por facer preguntas, pero a pesar de todo quere saber... Que come o crocodilo?
A maior novidade é que os personaxes serán... As mans! A directora é María Alonso e os ensaios son os Luns, Mércores e Venres no recreo e o Xoves as 5:15 da tarde. Podedes vir a vernos cando queirades!
Esperamos que vos guste a obra!!!

Se premes na imaxe verás un vídeo da nosa obra!!!







Feito por Aldara, Candela e Carmen.



OBRADOIRO DE CARTELERÍA DIXITAL

O longo do primeiro trimestre estivemos a traballar nas aulas abalar co programa de manipulación de imaxes GIMP. Co gallo do Día da Paz propuxéronnos facer carteis anunciando este día. Na seguinte presentación podedes ver os traballos que fixemos:

miércoles, 18 de enero de 2012

As camelias

Os nenos de 6º A fixeron uns traballos sobre a camelia. O traballo consistía en facer un debuxo e escribir información sobre esta árbore.
Despois votamos o
mellor traballo para colocar no corredoiro. As gañadoras foron Candela G, Ana e Noa.
Se queredes ver os traballos , aquí tedes unha presentación con todos eles no kizoa.
Bos traballos, non si?