domingo, 25 de marzo de 2012

martes, 6 de marzo de 2012

TEMOS PEN PALS!!!


Os nenos e nenas de 6º estamos a coñecer a uns alumnos do instituto "Shawnee Mission West HS" en Kansas. A súa mascota é o viquingo.
A cada un de nós correspóndelle un rapaz ou rapaza deste instituto. Cremos que é unha gran oportunidade para aprender inglés e para facer amigos de culturas diferentes. Os nosos novos amigos teñen entre 14 e 17 anos e, aínda que son moito maiores ca nós, esperamos poder coñecelos mellor. Compartimos correos electrónicos os uns cos outros. Eles nos falan en inglés e, ás veces, en castelán; nós lles falamos en castelán e, ás veces, en inglés.
Fálannos de como lles vai no colexio e como é, cales son as súas aficcións, as súas cores preferidas...

Aquí tedes unha imaxe do escudo do equipo do instituto, que é de fútbol americano.







Feito por: Ana e Antía 6ºA

domingo, 4 de marzo de 2012

AS NOSAS AULAS ABALAR NA PRENSA

O mercores 29 de marzo, no xornal Atlántico Diario, na súa sección de Vigo aparece un artigo sobre as nosas Aulas Abalar e o emprego, nas mesmas, dos libros dixitais.
noticia prensa