O CLUB FRIANCIÑO
Blog das aulas Abalar do CEIP FRIAN TEIS
viernes, 17 de mayo de 2013
martes, 7 de mayo de 2013
UN EQUIPO DE ALUMNAS E ALUMNOS DE 5º PARTICIPAMOS EN LIGAMAT
Onte pola tarde, catro alumnos de 5º participamos nun concurso de matemáticas na fundación Barrié de la Maza en Policarpo Sanz. Os concursantes eramos alumnos/as de seis colexios de Vigo. Puxéronnos unha serie de xogos matemáticos e pasámolo xenial.
AINHOA, ARIADNA, IVÁN E ANDRÉS
viernes, 15 de febrero de 2013
RELAX NO FRIAN
O luns, día 4 de Febreiro, no noso colexio tivemos unha actividade de relax. Dous monitores contáronnos un conto utilizando títeres, tamén aprendimos que noutros países os nenos e nenas ao chegar a clase, pola mañá, fan relaxación.
A actividade que realizamos consistiu en pechar os ollos e respirar fondo mentres escoitabamos a música, e dicir, ensináronnos o gran poder do silencio.
Nós chegamos ata o máximo nivel de relaxación!
domingo, 28 de octubre de 2012
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE TALENTOS
Finalizado o segundo Concurso de Talentos
Damos por finalizado o segundo concurso de talentos organizado por 6º B. Despois de moitas deliberacións...o xurado desta edicción deu o nome dos tres gañadores.3º posición
2ª posición
1ª Posición e gañadora da segunda edición do noso Concurso de Talentos: ALBA.
Entrégalle o premio o gañador da edición anterior VÍCTOR
Non queremos esquecernos de presentarvos o noso equipo de son:
Moitas grazas a todos/as os/as participantes, ó público os mestres/as que durante estas dúas semanas acompañáronnos.
jueves, 25 de octubre de 2012
SEGUE O CONCURSO DE TALENTOS
O mércores 24 realizamos a terceira xornada do Concurso de talentos, as actuacións as podedes ver no seguinte vídeo:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)