Mostrando entradas con la etiqueta Productos da terra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Productos da terra. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de octubre de 2010

Cogomelos no Frian!

O Martes 26 de outubro do 2010 unha alumna de 5ºA atopou uns cogomelos velenosos.

A alumna Noa Carme de 5ºA atopou unhas amanitas no patio dos maiores. No patio sempre houbo cogomelos, pero nunca foron amanitas muscarias.
Houbo un gran escándalo cando nos enteramos daquel feito inesperado.!
As profesoras Ana e Neves atoparon outros tipos de cogomelos e sacaron moitas fotos.

Se non nos credes, aquí as tedes.

lunes, 11 de octubre de 2010

Unhas hortalizas moi especiais

Estas hortalizas son enormes. O luns 11 de Outubro a primeira hora da mañá, a profe mostrounos unha cabaciña, unha cebola e unha pataca. A cabaciña era tan grande coma dúas cabezas adultas xuntas! A cebola era tamén descomunal para o seu tamaño e a pataca... tiña forma de tartaruga!!! Tamén trouxemos unha báscula antiga ( ainda que estaba estropeada e non a poidemos utilizar). Quedamos asombrados polo seu tamaño e beleza e deixámosvos unhas fotos para que vós tamén alucinedes.





viernes, 8 de octubre de 2010

Os mofos máis interesantes.


Onte estivemos a ver mofos cunha lente binocular, que amplía as imaxes entre 20, 40 ou 60 veces. Permite observar detalles de seres pequenos. O primeiro mofo que vimos estaba en pan, e parecía un bosque cheo de árbores. E o segundo mofo estaba nun allo, era todo negro con puntiños máis claros.
Estivo moi ben ver mofos diferentes, pero aquí remata a nosa nova.

Ata a próxima!!!