Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas
viernes, 17 de mayo de 2013
jueves, 26 de abril de 2012
Obradoiro para a Igualdade
Onte rematamos o obradoiro para a IGUALDADE. Estivemos con Mara e
aprendimos aínda máis cousas para vivir nunha sociedade xusta e
igualitaria. Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos.
viernes, 24 de febrero de 2012
2ª SESIÓN DO OBRADOIRO SOBRE IGUALDADE
Onte volvemos a estar con Mara, a monitora que leva o obradoiro de igualdade. Pasámolo moi ben e reflexionamos sobre como mostran os anuncios, os xogos e videoxogos aos homes e mulleres. Estas diferentes funcións segundo o sexo da persoa non é o que nós coñecemos no noso entorno; moitas das nosas nais traballan fóra da casa e moitos dos nosos pais cociñan e coidan de nós.
Aquí tedes unhas imaxes deste obradoiro
Aquí tedes unhas imaxes deste obradoiro
martes, 31 de enero de 2012
Teatro para a excursión
Os alumnos de 6º estamos a facer unha obra de teatro chamada "El hijo del elefante." Actuamos o 3 de Febreiro no salón de actos da nosa escola, e logo, o 3 de Marzo no centro Cívico de Teis, para recadar fondos para a excursión de fin de curso. Estades todos invitados!
A obra trata dun elefante moi curioso ao que sempre pegan por facer preguntas, pero a pesar de todo quere saber... Que come o crocodilo?
A maior novidade é que os personaxes serán... As mans! A directora é María Alonso e os ensaios son os Luns, Mércores e Venres no recreo e o Xoves as 5:15 da tarde. Podedes vir a vernos cando queirades!
Se premes na imaxe verás un vídeo da nosa obra!!!

Feito por Aldara, Candela e Carmen.

Esperamos que vos guste a obra!!!
Se premes na imaxe verás un vídeo da nosa obra!!!

Feito por Aldara, Candela e Carmen.
miércoles, 18 de enero de 2012
As camelias
Os nenos de 6º A fixeron uns traballos sobre a camelia. O traballo consistía en facer un debuxo e escribir información sobre esta árbore.
Despois votamos o mellor traballo para colocar no corredoiro. As gañadoras foron Candela G, Ana e Noa.
Se queredes ver os traballos , aquí tedes unha presentación con todos eles no kizoa.
Bos traballos, non si?

viernes, 18 de noviembre de 2011
Obradoiro de manualidades
Algúns alumnos de sexto, os que pensamos ir á excursión de fin de curso, vamos a unhas clases de manualidades todos os mércores. Coas manualidades que elaboramos montamos un mercado chulísimo nas festas do cole, nel se poden mercar todos os nosos traballos manuais: aneis, chaveiros, móbiles, fundas de móbiles, gatos para gardar aneis, colares, marcapáxinas de follas, taboleiros de escaleira e tres en raia...
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades como é a nosa experiencia:
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades como é a nosa experiencia:
miércoles, 9 de noviembre de 2011
OS NOSOS CARTEIS DO MAGOSTO
Empregando aplicacións que existen na web,os alumnos de 6º, podemos deseñar os nosos propios carteis para anunciar distinos eventos no colexio.
Aquí deixámosvos os nosos collages dixitais do Magosto
Aquí deixámosvos os nosos collages dixitais do Magosto
jueves, 28 de abril de 2011
DÍA DO LIBRO
Para celebrar o día do libro cada aula escolleu unha poesía escrita en galego e outra en castelán. O alumnado de 5º escribiu e adornou os poemas ¡A volar! de Rafael Alberti e "Viento de amor" de Juan Ramón Jiménez en lingua castelá, e "Campaíñas do Courel" de María Fernández e "Bolboreta" de Manuel María en lingua galega.
Cos traballos de todo o colexio faremos dous libros de poesía que poderedes ver no blog da biblioteca.
Aquí vos deixamos os nosos poemas, esperamos que vos gusten.
Cos traballos de todo o colexio faremos dous libros de poesía que poderedes ver no blog da biblioteca.
Aquí vos deixamos os nosos poemas, esperamos que vos gusten.
lunes, 11 de abril de 2011
Día do Libro Infantil.
O mércores 6 de abril, celebramos o Día do Libro Infantil. No colexio estivemos a traballar un libro de Xosé Neira Vilas, o libro titúlase "Memorias dun neno labrego". Alumnos e alumnas dos distintos cursos encargáronse de ler en alto para todos os distintos capítulos do libro.
O profesorado de Normalización Linguística e Tic do colexio elaborou un lim sobre este libro. Os nenos de 5º utilizámolo, está moi ben!
Podedes atopar este lim na páxina web do cole.
Aquí tedes algunhas imaxes dese día:

martes, 22 de marzo de 2011
O noso noticieiro ecolóxico sobre...
O noso noticieiro ecolóxico trata sobre os visóns americanos. Estes pequenos mamíferos críanse en granxas, e son os responsables da desaparición de bastantes poboacións de especies naturais de España e da destrución de ecosistemas naturais, debido á súa capacidade de invasión.
Premede na seguinte imaxe, e encontraredes máis información:
Autoras: Alba, Ana e Tamara.
Premede na seguinte imaxe, e encontraredes máis información:

jueves, 17 de marzo de 2011
VENRES DE VIVA VOZ
Ola somos 5ºB
Estamos a facer o VENRES DE VIVA VOZ. Consiste en preparar un traballo sobre calquera cousa, como por exemplo: falar sobre os animais etc.
Cada persoa sea grupo ou individual prepara o traballo como ben dixemos onte e o expoñemos aos nenos e nenas de 5ºA. Eles xa nos expusieron algo agora é o noso turno.....
ATA LOGO............

lunes, 20 de diciembre de 2010
Obradoiro de postais con Iria.
O Venres 17 de Decembro veu Iria, unha antiga alumna do noso colexio, a ensinarnos como facer postais de Nadal. Foi moi divertido porque eran distintas, pintamos con témpera e fixemos colaxe con revistas e papel de regalo. Ensinounos algúns trucos de como facer postais abstractas. E aquí temos unhas fotos da nosa experiencia.
jueves, 9 de diciembre de 2010
Gañadoras do Spelling Bee!!!!!!
Xa eleximos as gañadoras do spelling bee que nos representarán no concurso.
Estas nenas son: Noa Copero Lamas de 5ºB e Antía Martínez Prado de 5ºA. Foron seleccionadas na primeira proba na que todos tiñan que escribir palabras que lles deletreaba Montse, a profesora de Inglés.
Todos o fixemos moi ben.
Picade aquí para saber máis:
Spelling Bee
Noa 5ºB e Antía 5ºA.

martes, 9 de noviembre de 2010
Centenario de Miguel Hernández.
Este ano, o 30 de Outubro, celébrase o centenario de Miguel Hernández.
O 30 de Outubro deste ano celebrouse o centenario do famoso poeta Miguel Hernández. Naceu o 30 de Outubro de 1910 e morreu o día 28 de Marzo de 1942 aos 32 anos. No cole Frian conmemorámolo recitando 3 das súas poesías: Aceituneros, Tristes Guerras e Para la libertad. Había 3 grupos. Coa axuda da profe Conchi e da profe Montse puidemos preparalos e grabalos e agora podedes velos aquí debaixo:
Autoras: Antía, Candela e Noa.

miércoles, 3 de noviembre de 2010
O concurso segue!!!

O vindeiro vernes saberemos o gañador.

O concurso de lectura como sabedes foi o mércores, pero non deu tempo a rematar e os grupos que faltan farano o venres, día 5, a segunda hora da mañá.
Quen gañará? É un misterio. Todos os grupos traballaron moito para conseguir o premio. Será moi divertido é vencerá o mellor.
Perfeccionamos moito a lectura co concurso, todos estamos moi emocionados e nerviosos por saber quen gañará.
Autores/as:Lola,David P,Manuel e Roi.
Autores/as:Lola,David P,Manuel e Roi.
viernes, 29 de octubre de 2010
Un Samaín de medo.......

Hoxe, venres 29, celebramos o Samaín no cole Frian.
Neste día celebramos o Samaín, ou Halloween en EE.UU. Houbo moitas actuacións, entre elas:
- As cancións cantadas polos pequenos/as.
- As cancións que cantamos e bailamos todos (dance e bule bule).
- Os bailes que fixeron algunhas nenas de cuarto e de quinto (thriller e unha cancion de Beyoncé).
Cantando as cancións pasámolo estupendamente, a pena é que non hai máis ata o ano que ven.
Despedímonos de vós: ALBA, ANTÍA e TAMARA.
miércoles, 6 de octubre de 2010
Un día coa policia local.
Os alumnos de 5º de Primaria tiveron unha visita da policia.
A 4ª hora chegaron catro gardas de tráfico e estiveron explicándonos as normas de circulación (semáforos e sinais, normas para conducir tanto os coches coma as bicis, seguridade peatonal...)
Ao final, fixemos unha actividade que nos pareceu moi divertida: atopar os erros. A continuación regaláronnos unhas libretas con como andar en bici, xogos e consellos; e tamén uns bolis, cos que escribimos esta noticia.
Ademais,contáronnos que o ano que ven iremos ao Castro,a circular nun circuito coa bicicleta. Xenial!!!
Despedímonos de Tucho e Pili,e agradecémoslle a súa visita . Volvede pronto!!!
Proba Alba Carmen
Os alumnos de quinto tiveron unha visita da policia local.O pasamos moi ben¡¡¡Porque ensinaronos as normas víais etc.
Proba Antía&Aldara
Hola, somos Antía e Aldara. Estes días no cole estamos a facer o diario de clase. Trata de contar nunha libreta as cousas que nos sucederon o día anterior. Faise por parellas e na hora do recreo (non podía ser na hora de matemáticas??!!). Iso si, non tapedes o dos outros nin poñades cousas ofensivas, porque a xente podería tomalo a mal. Pero, a pesar de todo, tampouco está tan mal.
Agora xa tedes máis información sobre o diario de clase, pedídelle a vosa titora se vos deixa facer un e...a escribir!!!!!!!!!!!!!
Agora xa tedes máis información sobre o diario de clase, pedídelle a vosa titora se vos deixa facer un e...a escribir!!!!!!!!!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)