martes, 7 de mayo de 2013

UN EQUIPO DE ALUMNAS E ALUMNOS DE 5º PARTICIPAMOS  EN LIGAMAT

 Onte pola tarde, catro alumnos de 5º participamos nun concurso de matemáticas na fundación Barrié de la Maza en Policarpo Sanz. Os concursantes eramos alumnos/as de seis colexios de Vigo. Puxéronnos unha serie de xogos matemáticos e pasámolo xenial.







AINHOA, ARIADNA, IVÁN E ANDRÉS

viernes, 15 de febrero de 2013

RELAX  NO FRIAN

O luns, día 4 de Febreiro,  no noso colexio tivemos unha actividade de relax. Dous monitores contáronnos un conto utilizando títeres, tamén aprendimos que noutros países os nenos e nenas ao chegar a clase, pola mañá, fan relaxación.

A actividade que realizamos consistiu en pechar os ollos e respirar fondo mentres escoitabamos a música, e dicir, ensináronnos o gran poder do silencio. 

Nós chegamos ata o máximo nivel de relaxación!

miércoles, 7 de noviembre de 2012

O vindeiro martes vaise celebrar a festa do "Magosto". Deixamosvos unhas fotos dos anos anteriores.



domingo, 28 de octubre de 2012

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE TALENTOS

Finalizado o segundo Concurso de Talentos

Damos por finalizado o segundo concurso de talentos organizado por 6º B. Despois de moitas deliberacións...o xurado desta edicción deu o nome dos tres gañadores.

3º posición



2ª posición

1ª Posición e gañadora da segunda edición do noso Concurso de Talentos: ALBA.


 Entrégalle o premio o gañador da edición anterior VÍCTOR
  Non queremos esquecernos de presentarvos o noso equipo de son:

Moitas grazas a todos/as os/as participantes, ó público os mestres/as que durante estas dúas semanas acompañáronnos.

martes, 23 de octubre de 2012

CONCURSO DE TALENTOS 2ª EDICIÓN

O venres día 19, na hora do recreo comezou a segunda edición do Concurso de Talentos. Foi organizado polo alumnado de 6º B. a continuación deixámosvos un vídeo dos mellores momentos:


O luns 22, continuamos co Concurso, aquí tedes algúns dos momentos: