martes, 31 de enero de 2012

Teatro para a excursión

Os alumnos de 6º estamos a facer unha obra de teatro chamada "El hijo del elefante." Actuamos o 3 de Febreiro no salón de actos da nosa escola, e logo, o 3 de Marzo no centro Cívico de Teis, para recadar fondos para a excursión de fin de curso. Estades todos invitados!
A obra trata dun elefante moi curioso ao que sempre pegan por facer preguntas, pero a pesar de todo quere saber... Que come o crocodilo?
A maior novidade é que os personaxes serán... As mans! A directora é María Alonso e os ensaios son os Luns, Mércores e Venres no recreo e o Xoves as 5:15 da tarde. Podedes vir a vernos cando queirades!
Esperamos que vos guste a obra!!!

Se premes na imaxe verás un vídeo da nosa obra!!!







Feito por Aldara, Candela e Carmen.



OBRADOIRO DE CARTELERÍA DIXITAL

O longo do primeiro trimestre estivemos a traballar nas aulas abalar co programa de manipulación de imaxes GIMP. Co gallo do Día da Paz propuxéronnos facer carteis anunciando este día. Na seguinte presentación podedes ver os traballos que fixemos:

miércoles, 18 de enero de 2012

As camelias

Os nenos de 6º A fixeron uns traballos sobre a camelia. O traballo consistía en facer un debuxo e escribir información sobre esta árbore.
Despois votamos o
mellor traballo para colocar no corredoiro. As gañadoras foron Candela G, Ana e Noa.
Se queredes ver os traballos , aquí tedes unha presentación con todos eles no kizoa.
Bos traballos, non si?




domingo, 18 de diciembre de 2011

VISITA A GRANXA KIRIKO

O venres 16 de decembro fomos a granxa Kiriko, alí atopamos co Ceip Cedeira de Redondela. Fixemos unha morea de actividades dentro do programa "Árbores para a vida, vida para as árbores" O pasamos moi ben, ata bailamos despois de xantar. Deixámosvos unhas fotos:

domingo, 11 de diciembre de 2011

MERRY CHRISTMAS!!!



Teacher Montse wishes all the best to all of you. You only have to click on the picture

miércoles, 30 de noviembre de 2011

viernes, 18 de noviembre de 2011

Obradoiro de manualidades

Algúns alumnos de sexto, os que pensamos ir á excursión de fin de curso, vamos a unhas clases de manualidades todos os mércores. Coas manualidades que elaboramos montamos un mercado chulísimo nas festas do cole, nel se poden mercar todos os nosos traballos manuais: aneis, chaveiros, móbiles, fundas de móbiles, gatos para gardar aneis, colares, marcapáxinas de follas, taboleiros de escaleira e tres en raia...
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades como é a nosa experiencia:

ld
Obradoiro de manualidades - presentacion imagenes

Feito por: Noa, Antía, Aldara, Lucía.