viernes, 29 de octubre de 2010

Cogomelos no Frian!

O Martes 26 de outubro do 2010 unha alumna de 5ºA atopou uns cogomelos velenosos.

A alumna Noa Carme de 5ºA atopou unhas amanitas no patio dos maiores. No patio sempre houbo cogomelos, pero nunca foron amanitas muscarias.
Houbo un gran escándalo cando nos enteramos daquel feito inesperado.!
As profesoras Ana e Neves atoparon outros tipos de cogomelos e sacaron moitas fotos.

Se non nos credes, aquí as tedes.

Un Samaín de medo.......








Hoxe, venres 29, celebramos o Samaín no cole Frian.











Neste día celebramos o Samaín, ou Halloween en EE.UU. Houbo moitas actuacións, entre elas:

  • As cancións cantadas polos pequenos/as.





  • As cancións que cantamos e bailamos todos (dance e bule bule).





  • Os bailes que fixeron algunhas nenas de cuarto e de quinto (thriller e unha cancion de Beyoncé).






Cantando as cancións pasámolo estupendamente, a pena é que non hai máis ata o ano que ven.





Despedímonos de vós: ALBA, ANTÍA e TAMARA.











viernes, 22 de octubre de 2010

XA TEMOS DATA PARA O CONCURSO DE LECTURA!!!!





O vindeiro mércores xa empeza a primeira fase do concurso de lectura do Terceiro Ciclo no noso cole.








Na nosa clase, na "Hora de Ler" praticamos para o concurso. Temos grupos de varios nen@s e tamén algúns compañeiros que prefiren facelo sos.
leremos poemas , historias, contos ...
Pasarémolo moi ben ecoitando a os nosos amig@s e valorando quen o fai mellor.

Xa vos contaremos que lector gaña o concurso.
Que nervios!!!

Autores: SANTIAGO, DAVID E GIANFRANCO.

jueves, 21 de octubre de 2010

As nenas do ano pasado volven a actuar,esta vez no samain pero non pensedes que os vamos dicir o titulo da cancion,porque vai ser sorpresa.Esperamos que vos guste,e bon samaiiiiin.

miércoles, 20 de octubre de 2010

Xa chegou Gemma!!!


Chegou ao Frian unha nova profe (en realidade auxiliar de conversa) , Gemma, e acompañaranos ao longo do curso.



O pasado 6 de Outubro chegou ao Frian, Gemma, unha rapaza orixinaria de Gales, (Gran Bretaña). Ten 20 anos e non sabe español, pero, grazas aos nosos pequenos coñecementos de inglés e algunha que outra axuda da profe Montse, conseguimos entendernos e aprendimos algo sobre a súa localidade e as súas tradicións. Gústanos moito estar con ela e dámoslle a benvida.


Autores: NESTOR, TAMARA, CANDELA E ALDARA


Se queredes saber máis sobre Gemma, aquí tedes o enlace da páxina do cole:






martes, 19 de octubre de 2010

Xa chegou 6º !!




Este sábado regresaron os alumnos de 6º da súa excursión a Mérida.

Os alumnos de 6º, chegaron o sábado 17 de Outubro a Vigo dende Mérida.

Contáronnos que fixeron moitas actividades:

-Montaron en canoa nun lago.
-Subiron un rocódromo.
-Tiráronse por unha tirolina.
-Tiveron noite do terror e noite do baile con discoteca.
-Fixeron un concurso de cancións no que gañaron os nenos.
- Tamén visitaron o coliseum Romano.

Pasáronno moi ben con este proxecto de inversión lingüística.


O VINDEIRO ANO TÓCANOS!!!!!!!!!
Autor@s: Alba, Ana, Antía e Roberto







viernes, 15 de octubre de 2010

Portatiles en Galicia




Portátiles en Galicia



Ao parecer os portátiles para 5º curso xa chegaron a seis colexios en Galicia.
Pero ao noso colexio non.

Fai uns dias que chegaron os portátiles a Galicia.Pero, por desgraza non ao colexio Frian.Onde os nenos/as de 5ºcurso esperan impacentes a sua chegada para realizar traballos neles.En outras comunidades xa puxeran en marcha este proxecto fai poucos anos.Noutros colexios de Galicia xa chegaron,nós esperamos que cheguen pronto.E isto e todo do que lle podemos informar de momento.
AUTORAS: LAURA E ANTÍA (5ºB)






lunes, 11 de octubre de 2010

Unhas hortalizas moi especiais

Estas hortalizas son enormes. O luns 11 de Outubro a primeira hora da mañá, a profe mostrounos unha cabaciña, unha cebola e unha pataca. A cabaciña era tan grande coma dúas cabezas adultas xuntas! A cebola era tamén descomunal para o seu tamaño e a pataca... tiña forma de tartaruga!!! Tamén trouxemos unha báscula antiga ( ainda que estaba estropeada e non a poidemos utilizar). Quedamos asombrados polo seu tamaño e beleza e deixámosvos unhas fotos para que vós tamén alucinedes.





viernes, 8 de octubre de 2010

Eliximos delegada!

Onte, 7 de Outubro, fixemos unha votación para elixir a delegada da clase; o voto foi secreto. Presentáronse: Ana, Antía, Whitney, Alba e Noa.
Whitney foi a que tivo máis votos e agora é a delegada da clase. Ana e Antía quedaron empatadas polo que son subdelegadas e pasarán a ser delegados nos próximos trimestres.

Os mofos máis interesantes.


Onte estivemos a ver mofos cunha lente binocular, que amplía as imaxes entre 20, 40 ou 60 veces. Permite observar detalles de seres pequenos. O primeiro mofo que vimos estaba en pan, e parecía un bosque cheo de árbores. E o segundo mofo estaba nun allo, era todo negro con puntiños máis claros.
Estivo moi ben ver mofos diferentes, pero aquí remata a nosa nova.

Ata a próxima!!!


miércoles, 6 de octubre de 2010

ARRINCANDO

Estamos na aula de informática arrincando co noso Blog.










Un día coa policia local.


Os alumnos de 5º de Primaria tiveron unha visita da policia.

A 4ª hora chegaron catro gardas de tráfico e estiveron explicándonos as normas de circulación (semáforos e sinais, normas para conducir tanto os coches coma as bicis, seguridade peatonal...)

Ao final, fixemos unha actividade que nos pareceu moi divertida: atopar os erros. A continuación regaláronnos unhas libretas con como andar en bici, xogos e consellos; e tamén uns bolis, cos que escribimos esta noticia.

Ademais,contáronnos que o ano que ven iremos ao Castro,a circular nun circuito coa bicicleta. Xenial!!!

Despedímonos de Tucho e Pili,e agradecémoslle a súa visita . Volvede pronto!!!




Proba Alba Carmen

Os alumnos de quinto tiveron unha visita da policia local.O pasamos moi ben¡¡¡Porque ensinaronos as normas víais etc.

Proba Antía&Aldara

Hola, somos Antía e Aldara. Estes días no cole estamos a facer o diario de clase. Trata de contar nunha libreta as cousas que nos sucederon o día anterior. Faise por parellas e na hora do recreo (non podía ser na hora de matemáticas??!!). Iso si, non tapedes o dos outros nin poñades cousas ofensivas, porque a xente podería tomalo a mal. Pero, a pesar de todo, tampouco está tan mal.

Agora xa tedes máis información sobre o diario de clase, pedídelle a vosa titora se vos deixa facer un e...a escribir!!!!!!!!!!!!!

prueba Santiago Y Nestor