viernes, 24 de febrero de 2012

2ª SESIÓN DO OBRADOIRO SOBRE IGUALDADE

Onte volvemos a estar con Mara, a monitora que leva o obradoiro de igualdade. Pasámolo moi ben e reflexionamos sobre como mostran os anuncios, os xogos  e videoxogos aos homes e  mulleres. Estas diferentes funcións segundo o sexo da persoa non é o que nós coñecemos no noso entorno; moitas das nosas nais traballan fóra da casa e moitos dos nosos pais cociñan e coidan de nós.

Aquí tedes unhas imaxes deste obradoiro 

jueves, 16 de febrero de 2012

UN PREMIO PARA ALBA

A nosa compañeira Alba recibiu hoxe un premio polo seu debuxo no concurso de Vigolandia, que este ano trataba o tema "A música no Nadal". Entregoulle o diploma o alcalde da nosa cidade e e despois déronlle moitos agasallos, tamén houbo un ágape moi rico e variado.
Aquí tedes as fotos onde podedes ver a Alba no Concello recibindo os agasallos e xa de volta ao cole onde lle esperaban os seus compañeiros e compañeiras.

martes, 14 de febrero de 2012

BAILE DE 6º

O mesmo día que fixemos, as alumnas de 6º, o teatro, un grupo preparou un baile. Tamén queremos que o vexades