jueves, 31 de marzo de 2011

SPELLING BEE


O venres 25 de Marzo celebrouse no Centro Cultural Novacaixagalicia ás 17:30 horas, a final do Concurso de Deletreo Interescolar de Vigo, Spelling Bee, na que grupos de alumnos e alumnas de 5ºde primaria e de 3º da ESO de varios colexios de Vigo , competiron para chegar a ser o/a mellor deletreadora en inglés da cidade.

En representación do noso Centro foron Noa Copero e Antía Martínez e un grupo de alumnas para animar ás súas compañeiras.
Ó remate do acto recibiron unha serie de agasallos e foron felicitadas polas súas familias e compañeiras.

THANKS A LOT FOR YOUR WORK!!!

Your teacher Montse.
 

Xa rematou o concurso de canto.

O venres rematou o concurso de canto, aqui tedes os resultados neste vídeo:
Podedes facer comentariossobre que vos pareceron os resultados ou se non o creedes xustos.

A recollida dos premios

Roberto e Aldara xa recolleron os seus premios dos concursos de debuxo de Aqualia e Vigolandia.
O día 15 Roberto recolleu os seus premios e hoxe veu con eles a clase para ensinárnolos.
Varios rapaces de 5º foron hoxe, día 22 de Marzo, ao Museo Marco para asistir ao acto de entrega de premios e acompañar a Aldara a recoller o seu premio.
Aquí vos deixamos un slide coas fotos:

martes, 22 de marzo de 2011

O noso noticieiro ecolóxico sobre...

O noso noticieiro ecolóxico trata sobre os visóns americanos. Estes pequenos mamíferos críanse en granxas, e son os responsables da desaparición de bastantes poboacións de especies naturais de España e da destrución de ecosistemas naturais, debido á súa capacidade de invasión.
Premede na seguinte imaxe, e encontraredes máis informació
n:

Autoras: Alba, Ana e Tamara.

jueves, 17 de marzo de 2011

NUEVO CONCURSO: CONCURSO DE CANTO

ESTAS SON AS FOTOS DAS PRESENTADORAS DO CONCURSO DE CANTO, CANDELA E XIOMARA, COA CAIXA E A PANCARTA COA QUE FORON POLAS CLASES PRESENTANDO ESTE NOVO CONCUSO.
OUTRO DIA XA VOS PRESENTREMOS AS NOVAS XUEZAS E O NOVO XUEZ:
NOA COPERO, ANTÍA OTERO E NOEL SUÁREZ.


o dia da poesia

Ola, chámome Arturo e vouvos falar dos traballos para O DÌA DA POESIA
de 5B. O noso traballo e facer unha poesìa . Aínda que a nosa poesìa non é normal
porque é un... caligrama,Os meus amigos fixéronno xenial , estruxaronse o
cerebro e fixeron poesias inspiradoras e dibuxos bonitiños.




por Arturo.

VENRES DE VIVA VOZ

Ola somos 5ºB
Estamos a facer o VENRES DE VIVA VOZ. Consiste en preparar un traballo sobre calquera cousa, como por exemplo: falar sobre os animais etc.
Cada persoa sea grupo ou individual prepara o traballo como ben dixemos onte e o expoñemos aos nenos e nenas de 5ºA. Eles xa nos expusieron algo agora é o noso turno.....


ATA LOGO............

CONCURSO DE CANTO


Xiomara e Candela organizaron un concurso de canto, neste concurso queremos que os nenos de 5º e 6º poidamos pasar un bo rato, interpretando os nosos cantantes favoritos.
Hai unha serie de normas: Para poder participar tedesque pór os vosos nomes e canción nos papeis que xa tedes. Teredes que metelos nunha caixa que atoparedes na clase de 5B .Os grupos serán como maximo de catro persoas, os participantes poden participar dúas veces, (en grupo e solos.) As cancións durarán como máximo dous minutos. Os premios serán lotes sorpresa. Habrá xuices e aínda que non os vexades estarán vixiándovos. FIRMADO: CANDELA E XIOMARA

jueves, 10 de marzo de 2011

Dous premios para 5º

Nos concursos de debuxo de Aqualia e Vigolandia, tivemos dous gañadores: Aldara e Roberto.
O concurso de Aqualia trataba sobre a auga e a súa contaminación, e o de Vigolandia sobre o Nadal no mundo. Aldara gañou
o de Aqualia e Roberto o de Vigolandia.
O 22 de Marzo iremos toda a clase a buscar o premio de Aqualia, mentres que Roberto irá coa familia o día 17 de Marzo.
Felicidades!!!!!!!!!!

Feito por: AlDaRa e RoBeRtO.

jueves, 3 de marzo de 2011

SUPERCONCURSO DE TALENTOS, REMATADO...

O noso concurso de talentos, rematou hoxe mesmo día 3/3/2011.
Hai moitísimos talentos neste colexio!
Todos actuaron xenial, o que pasa, e que como en todo concurso, sempre hai un só gañador. Pero neste, había cinco premios, para o máis preparado, o máis orixinal, o máis divertido, o máis alucinante e... o gañador de todos, o primeiro premio.
Estivo super disputado! As xuízas... tiñanno dificilísimo!
Os gañadores, foron: o máis preparado, Ana Carolina bailando gitana, de Shakir; o máis orixinal Lucía, Whitney, Roberto e Roi, de 5ºA que cantaron un rap, inventado por eles mesmos; o máis divertido para Antía O., Aroa e Xabier, que fixeron unha serie de historias cómicas; o máis alucinante David D., que cantou un rap del Langy el Besolla e o primeiro premio foi para... Víctor, tocando unha bonita canción co seu violin.

NORABOA! Ós gañadores e a todo/as os/as participantes.

Esperamos, tanto as xuízas como as presentadoras que vós gustase a todo e todass!
Deixámosvos unhas imaxes mentras preparámolo vídeo:


Autoras: Aldara ,Ana, Antía, Candela e Lola.

martes, 1 de marzo de 2011

O anterior xoves...

O xoves, día 24 de Febreiro, viñeron uns cesteiros do Centro de Artesanía de Vigo.
Xa case todos os do cole sabemos facer cestas! Mellor dito, os de terceiro ciclo aprendimos a facer cestas.
As nosas cestas as fixemos con médula, pero pódense facer doutros materiales, como por exemplo palla ou madeira.
Os cesteiros que viñeron, Chus e Antonio, eran uns expertos! E tamén viño Bea, que era unha aprendiz, pero que sabe xa bastante.
Nos divertimos moito, xa que o de mollar a médula... nos poñiamos todos pingando!
Neste enlace aparecen as fotos do que fixemos, esperamos que os guste:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipfrian/category/7/124

Autor@s: Ana, Candela e $anti.