jueves, 3 de marzo de 2011

SUPERCONCURSO DE TALENTOS, REMATADO...

O noso concurso de talentos, rematou hoxe mesmo día 3/3/2011.
Hai moitísimos talentos neste colexio!
Todos actuaron xenial, o que pasa, e que como en todo concurso, sempre hai un só gañador. Pero neste, había cinco premios, para o máis preparado, o máis orixinal, o máis divertido, o máis alucinante e... o gañador de todos, o primeiro premio.
Estivo super disputado! As xuízas... tiñanno dificilísimo!
Os gañadores, foron: o máis preparado, Ana Carolina bailando gitana, de Shakir; o máis orixinal Lucía, Whitney, Roberto e Roi, de 5ºA que cantaron un rap, inventado por eles mesmos; o máis divertido para Antía O., Aroa e Xabier, que fixeron unha serie de historias cómicas; o máis alucinante David D., que cantou un rap del Langy el Besolla e o primeiro premio foi para... Víctor, tocando unha bonita canción co seu violin.

NORABOA! Ós gañadores e a todo/as os/as participantes.

Esperamos, tanto as xuízas como as presentadoras que vós gustase a todo e todass!
Deixámosvos unhas imaxes mentras preparámolo vídeo:


Autoras: Aldara ,Ana, Antía, Candela e Lola.

1 comentario: