martes, 31 de enero de 2012

Teatro para a excursión

Os alumnos de 6º estamos a facer unha obra de teatro chamada "El hijo del elefante." Actuamos o 3 de Febreiro no salón de actos da nosa escola, e logo, o 3 de Marzo no centro Cívico de Teis, para recadar fondos para a excursión de fin de curso. Estades todos invitados!
A obra trata dun elefante moi curioso ao que sempre pegan por facer preguntas, pero a pesar de todo quere saber... Que come o crocodilo?
A maior novidade é que os personaxes serán... As mans! A directora é María Alonso e os ensaios son os Luns, Mércores e Venres no recreo e o Xoves as 5:15 da tarde. Podedes vir a vernos cando queirades!
Esperamos que vos guste a obra!!!

Se premes na imaxe verás un vídeo da nosa obra!!!







Feito por Aldara, Candela e Carmen.



No hay comentarios:

Publicar un comentario