lunes, 4 de junio de 2012

RECOLLIDA DO PREMIO


Antía e Conchi recollendo o premio

O pasado sábado 2 de Xuño, os alumnos Noa Copero, Laura, Noel, Candela F., Aldara, Lola, Noa Carme, Brais, Ana e eu, Antía, (acompañados polos nosos familiares e profesores) viaxamos ata A Coruña para recoller o premio do concurso de prensa-escola. Fomos nun minibus ata o parque de Acea de Ama e, ao pouco de chegar, nos diriximos ao lugar onde se entregarían os premios e os diplomas. A profe Conchi e mais eu tiñamos reservados uns asentos co noso nome e, os demais, sentaron ao fondo sen deixar nin nun momento de animarnos. Cando dixeron o meu nome dirixinme ata o escenario e sentín unha sensación indescriptible. A miña familia e os meus amigos gritaban o meu nome mentres os aplausos soaban e o director de “La Voz de Galicia” entregábame un enorme diploma e un sobre cuns billetes para unha viaxe a Madrid. Foi un momento moi especial, que nunca esquecerei. Ao baixar do escenario fixemos fotos coa miña familia, cos meus compañeiros e coas profes... e mesmo co conselleiro de educación Jesús Vázquez! Cando rematou a entrega de premios fomos a comer unha hamburguesa ou unhas “salchi-patatas” e, despois, comezou a diversión... Primeiro botamos unha ollada aos concursos de hípica que alí había e tamén tivemos a oportunidade de visitar os diferentes obradoiros e as tendas das ONGs. Ás tres e media abriron os hinchables e alí pasamos un gran rato saltando, xogando á pita... e moitas cousas máis. Tomamos xeados e granizados e, despois dun día de diversión, tocounos a retirada. Para min foi un día inesquecible e espero que o pasarades tan ben coma min.

Antía M.


No hay comentarios:

Publicar un comentario