viernes, 17 de mayo de 2013

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS

Onte pola mañá os alumnos e alumnas de 5º fomos á Fundación Barrié para xogar coas matemáticas. Fixemos xogos de estratexia,  tangráns, hexamantes, somas, pentaminós, pentacubos e moitos máis.

Aquí tedes unhas imaxes do ben que o pasamos.

 

 

-->

Pola tarde Ariadna, Ainhoa, Andrés e Iván recolleron os premios do concurso LIGAMATS. Estivo alí o alcalde e outras personalidades relacionadas co concurso. Despois do discurso houbo un espectáculo de maxia matemática. Ao rematar  recibiron os agasallos e diplomas. Quedaron no posto 4º da categoría A. 

Estas son as imaxes do acto.

 

Noraboa aos catro!

martes, 7 de mayo de 2013

UN EQUIPO DE ALUMNAS E ALUMNOS DE 5º PARTICIPAMOS  EN LIGAMAT

 Onte pola tarde, catro alumnos de 5º participamos nun concurso de matemáticas na fundación Barrié de la Maza en Policarpo Sanz. Os concursantes eramos alumnos/as de seis colexios de Vigo. Puxéronnos unha serie de xogos matemáticos e pasámolo xenial.







AINHOA, ARIADNA, IVÁN E ANDRÉS

viernes, 15 de febrero de 2013

RELAX  NO FRIAN

O luns, día 4 de Febreiro,  no noso colexio tivemos unha actividade de relax. Dous monitores contáronnos un conto utilizando títeres, tamén aprendimos que noutros países os nenos e nenas ao chegar a clase, pola mañá, fan relaxación.

A actividade que realizamos consistiu en pechar os ollos e respirar fondo mentres escoitabamos a música, e dicir, ensináronnos o gran poder do silencio. 

Nós chegamos ata o máximo nivel de relaxación!