viernes, 17 de mayo de 2013

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS

Onte pola mañá os alumnos e alumnas de 5º fomos á Fundación Barrié para xogar coas matemáticas. Fixemos xogos de estratexia,  tangráns, hexamantes, somas, pentaminós, pentacubos e moitos máis.

Aquí tedes unhas imaxes do ben que o pasamos.

 

 

-->

Pola tarde Ariadna, Ainhoa, Andrés e Iván recolleron os premios do concurso LIGAMATS. Estivo alí o alcalde e outras personalidades relacionadas co concurso. Despois do discurso houbo un espectáculo de maxia matemática. Ao rematar  recibiron os agasallos e diplomas. Quedaron no posto 4º da categoría A. 

Estas son as imaxes do acto.

 

Noraboa aos catro!

No hay comentarios:

Publicar un comentario