Durante esta sesión Abalar na mostra de ensino na Coruña, o grupo formado por Noel e Antía fixeron co programa GIMP, este cartel publicitario de animación á lectura de "O Quixote".
jueves, 12 de abril de 2012
miércoles, 11 de abril de 2012
MOSTRA DO ENSINO NA CIDADE DA CORUÑA
O vindeiro 12 de abril estaremos na Coruña na " Mostra do Ensino". Traballaremos nunha aula abalar, 6º A en horario de 12:00 a 13:30 e 6ºB en horario de 4:00 a 5.30.
Faremos un traballo de investigación sobre os seguintes temas:
Faremos un traballo de investigación sobre os seguintes temas:
domingo, 25 de marzo de 2012
IES Republica do Uruguai
Aquí vos deixo ungloster sobre a visita ao IES República do Uruguai.
http://xiomyfrian.edu.glogster.com/glog-8312/
Xiomara 6ºB
martes, 6 de marzo de 2012
TEMOS PEN PALS!!!
Os nenos e nenas de 6º estamos a coñecer a uns alumnos do instituto "Shawnee Mission West HS" en Kansas. A súa mascota é o viquingo.
A cada un de nós correspóndelle un rapaz ou rapaza deste instituto. Cremos que é unha gran oportunidade para aprender inglés e para facer amigos de culturas diferentes. Os nosos novos amigos teñen entre 14 e 17 anos e, aínda que son moito maiores ca nós, esperamos poder coñecelos mellor. Compartimos correos electrónicos os uns cos outros. Eles nos falan en inglés e, ás veces, en castelán; nós lles falamos en castelán e, ás veces, en inglés.
Fálannos de como lles vai no colexio e como é, cales son as súas aficcións, as súas cores preferidas...
Aquí tedes unha imaxe do escudo do equipo do instituto, que é de fútbol americano.

Feito por: Ana e Antía 6ºA
domingo, 4 de marzo de 2012
AS NOSAS AULAS ABALAR NA PRENSA
O mercores 29 de marzo, no xornal Atlántico Diario, na súa sección de Vigo aparece un artigo sobre as nosas Aulas Abalar e o emprego, nas mesmas, dos libros dixitais.
noticia prensa
noticia prensa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
