lunes, 20 de diciembre de 2010

Obradoiro de postais con Iria.

O Venres 17 de Decembro veu Iria, unha antiga alumna do noso colexio, a ensinarnos como facer postais de Nadal. Foi moi divertido porque eran distintas, pintamos con témpera e fixemos colaxe con revistas e papel de regalo. Ensinounos algúns trucos de como facer postais abstractas. E aquí temos unhas fotos da nosa experiencia.

Xa chegamos de Santiago!!!

O grupo finalista do concurso de Lectura en Voz Alta , formado por: Aldara Diéguez, Lola Barreiro, Aroa Álvarez, David González e David Domínguez, foi a Santiago de Compostela á gran final. A pesares de que o fixeron moi ben, non gañaron; aínda así quedaron finalistas e recibiron un lote de libros cada un. Pasárono moi ben e estan dispostos a participar o vindeiro ano.
Se queredes ver as imaxes dese día premede no debuxo.
Aldara e Lola.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

GRAN DEBATE NO CLUB FRIANCIÑO

O venres 10 de decembro de 2010 celebrouse un debate na aula de 5ª A.
O tema foi : "Utlización dos animais para experimentos científicos".
O debate foi moi axitado e longo.
Aquí  deixámosvos algunhas secuencias do mesmo.
Se queredes tomar partido por algún dos dous bandos, deixa o teu comentario, a poder ser razoado, así seguirá o debate.


1ª parte


2ª parte



3ª parte


AUTOR@S: ALBA, CARMEN, TAMARA E ROI

jueves, 9 de diciembre de 2010

Xa temos gañador do concurso de lectura!!!!!


Sabedes
que fixemos un concurso de lectura en grupos xa hai tempo anunciado.
Pois xa temos os gañadores!!!O grupo esta formado por: Lola Barreiro e Aldara Diéguez de 5ºA e, de 5ºB, David Dominguez, David Gonzalez e Aroa Alvarez. Este grupo interpretou a 1ª parte da obra "Mamasiña que medo!"
Todos os grupos fixérono moi ben e o grupo gañador pasará a unha seguinte selección intercolexial.
Se queredes ver os videos dos concursantes premede na foto.





Feito por: Aldara, Lola e Lucia.

Gañadoras do Spelling Bee!!!!!!

Xa eleximos as gañadoras do spelling bee que nos representarán no concurso.

Estas nenas son: Noa Copero Lamas de 5ºB e Antía Martínez Prado de 5ºA. Foron seleccionadas na primeira proba na que todos tiñan que escribir palabras que lles deletreaba Montse, a profesora de Inglés.
Todos o fixemos moi ben.
Picade aquí para saber máis:
Spelling Bee


Noa 5ºB e Antía 5ºA.

jueves, 2 de diciembre de 2010

Un gran debate!!!


En Lingua Castelá estamos aprendendo a interpretar o papel que nos reparte a profe Conchi.Temos que dicirvos que imos facer un debate. A metade da clase defenderá que os animais non sexan utilizados para probas científicas, e a outra metade dirá as ventaxas que ten facelo.
Este debate representarémolo o vindeiro venres. A ver quen gaña!!!




miércoles, 1 de diciembre de 2010

Excursión as Gándaras de Budiño

O pasado sábado ,27 de Novembro, algunhas familias do colexio foron a unha excursión organizada pola ANPA ás Gándaras de Budiño. Alí un biólogo guiounos polo monte e foi facendo preguntas sobre climas da zona: a lagoa, a turbeira e o bosque de ribeira. Os acertantes gañaron pegatinas. Fomos a un observatorio de aves e vimos unha garza. Estivemos nunha lagoa e nunhas montañas de terra branda que se chaman turbeiras onde o pasamos en grande escalando e deslizándonos por unhas pendentes.
Foi moi divertido e gustaríanos volver.

viernes, 26 de noviembre de 2010

A loita olímpica!!!

Hoxe, venres 26 de Novembro de 2010 , viñeron ao cole dous especialistas en loita olímpica.

Ensináronnos as normas da loita e fixemos uns xogos de ataque e defensa. Logo loitamos entre nós e foi divertidísimo. Todos xogamos un pouco cumprindo sempre as normas deste deporte.
Aquí tedes unhas fotos da nosa experiencia:

martes, 23 de noviembre de 2010

Vamos a ler a illa do Tesouro!¡!¡!¡!

Nós imos ler o libro da illa do Tesouro.
Cada semana dous
nen@s levan o libro para a súa casa e len un capítulo cada un; logo, os vernes, contan sobre que va o capítulo no plan lector.
Interesante verdade?
Se queredes ler o libro, o tedes na biblioteca; pero cando acabemos nós.

Aquí tedes unhas imaxes co slide.



jueves, 18 de noviembre de 2010

Concurso de Inglés

Se va a hacer un concurso de deletrear palabras en inglés. Todos nos tenemos que aprender de memoria el alfabeto inglés, va a ser un poco difícil pero con tal de que gane nuestro colegio, creo que estamos todos dispuestos a participar y hacerlo muy bien.


Mariann C.

Portatiles en Galicia 2




PORTÁTILES EN GALICIA 2








Os esperados ordenadores de 5º xa chegaron a o noso colexio.Estan metidos nunhas extrañas caixas de alta seguridade.Estas estan programadas para que se alguen as toca a partir das duas soe a alarma.












Os ordenadores para 5º porfin estan aquí. Estes están metidos nunhas caixas de alta seguridade, que se as tocas apartir das duas salta unha alarma.É se tocade o botón vermello xa non vos conto o que pasa!As caixas tamen teñen incluidos cargadores.



Estes ordenadores veñen desde Santiago e a súa caixa esta conectada coa súa centralita.

Os portatiles ainda non estan programados,pero pronto o estaran.

Xunto aos portatiles viu unha pantalla tactil pero ata que os ordenaores non esten listos non podremos utilizala.E cada alumno terá que poñer a súa propia contraseña.


Seguiremos informando.


Antía e Laura.

Los ordenadores ya estan en el colegio

¡Por fin!
Los ordenadores están en el colegio. La pena esque solo los van a disfrutar los niñ@s de 5ºA y 5ºB. Todos nosotros estamos encantados, pero no los tendremos hasta dentro de un mes o dos. También tendremos pantallas digitales que ya están puestas, pero aún no se pueden usar. Parece que con la llegada de los ordenadores se está arreglando TODO EL COLEGIO como por ejemplo: las porterias, las canastas, el gimnasio... .Los niños estamos encantados con todas las novedades. Pero tambien tendremos lo último en tecnología . ¡UY ESO NO SE PUEDE DECIR! LO SIENTO cuando tengamos más noticias os avisaré ¡ADIÓS!
Autora:Aroa 5ºB

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Xa chegaron os ordenadores e a pizarra dixital!

Xa chegaron os ordenadores e a pizarra dixital aos cursos quinto A e B. Esta entrada esta feita coa pizarra dixital aínda que os ordenadores non se poden utilizar por agora.

Estamos aprendendo moito coas clases que nos da a profesora Ana de 4º B. Xa sabemos manexar o slide.


Xa veredes os nosos traballos co slide, a pizarra...


Autor@s: Ana, David P. e Roi.

martes, 9 de noviembre de 2010

Centenario de Miguel Hernández.

Este ano, o 30 de Outubro, celébrase o centenario de Miguel Hernández.

O 30 de Outubro deste ano celebrouse o centenario do famoso poeta Miguel Hernández. Naceu o 30 de Outubro de 1910 e morreu o día 28 de Marzo de 1942 aos 32 anos. No cole Frian conmemorámolo recitando 3 das súas poesías: Aceituneros, Tristes Guerras e Para la libertad. Había 3 grupos. Coa axuda da profe Conchi e da profe Montse puidemos preparalos e grabalos e agora podedes velos aquí debaixo:


Autoras: Antía, Candela e Noa.








lunes, 8 de noviembre de 2010

Xa chega o final deste concurso!

Xa grabamos tod@s as nosas lecturas pero, aun no temos @s gañador@s.

Lembrádesvos do concurso de lectura do que estamos a falar?
Pois os temos que contar que xa grabamos tod@s e algúns están subidos ao bloge da biblioteca, moi pronto veremos a todos os de 5º no noso bloge.

Poderedes votar aos que máis os gustaron.

Aquí tedes un enlace cos nosos videos!

http://avozdefrian.nireblog.com/post/2010/11/07/i-concurso-de-lectura-en-voz-alta


Autor@s: Alba, Ana, Whitney & $anti.

jueves, 4 de noviembre de 2010

MISTERIO NO COLEXIO.

Posiblemente, uns ladróns entraron nalgunhas clases do segundo piso.Varias ventás estaban abertas.Aparte armarios urgados.Os nenos\as quedaron impresionados,entusiasmados,boquiabiertos,intrigados...
Supuestamente viñeron a polos portatiles,¡menos mal que ainda non chegaron!
Esperamos que non axa mais intentos,do contrario inbestigaremos.


Sherlock Holmes e Watson.

AS MOCHILAS VIAXEIRAS VOLVEN A VIAXAR.

Xa comezaron a repartir as mochilas viaxeiras.
Cada mochila ten diferentes tipos de libros,todos ou case todos de aprendizaxe.As peliculas que están engadidas son educativas.Non vos podemos dicir os contidos,porque se non non hai...¡SORPRESA!
E aquí deixamosvos.



LaUrA e DaYaNa.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

O concurso segue!!!


O vindeiro vernes saberemos o gañador.




O concurso de lectura como sabedes foi o mércores, pero non deu tempo a rematar e os grupos que faltan farano o venres, día 5, a segunda hora da mañá.


Quen gañará? É un misterio. Todos os grupos traballaron moito para conseguir o premio. Será moi divertido é vencerá o mellor.


Perfeccionamos moito a lectura co concurso, todos estamos moi emocionados e nerviosos por saber quen gañará.



Autores/as:Lola,David P,Manuel e Roi.








viernes, 29 de octubre de 2010

Cogomelos no Frian!

O Martes 26 de outubro do 2010 unha alumna de 5ºA atopou uns cogomelos velenosos.

A alumna Noa Carme de 5ºA atopou unhas amanitas no patio dos maiores. No patio sempre houbo cogomelos, pero nunca foron amanitas muscarias.
Houbo un gran escándalo cando nos enteramos daquel feito inesperado.!
As profesoras Ana e Neves atoparon outros tipos de cogomelos e sacaron moitas fotos.

Se non nos credes, aquí as tedes.

Un Samaín de medo.......








Hoxe, venres 29, celebramos o Samaín no cole Frian.











Neste día celebramos o Samaín, ou Halloween en EE.UU. Houbo moitas actuacións, entre elas:

  • As cancións cantadas polos pequenos/as.





  • As cancións que cantamos e bailamos todos (dance e bule bule).





  • Os bailes que fixeron algunhas nenas de cuarto e de quinto (thriller e unha cancion de Beyoncé).






Cantando as cancións pasámolo estupendamente, a pena é que non hai máis ata o ano que ven.





Despedímonos de vós: ALBA, ANTÍA e TAMARA.











viernes, 22 de octubre de 2010

XA TEMOS DATA PARA O CONCURSO DE LECTURA!!!!





O vindeiro mércores xa empeza a primeira fase do concurso de lectura do Terceiro Ciclo no noso cole.








Na nosa clase, na "Hora de Ler" praticamos para o concurso. Temos grupos de varios nen@s e tamén algúns compañeiros que prefiren facelo sos.
leremos poemas , historias, contos ...
Pasarémolo moi ben ecoitando a os nosos amig@s e valorando quen o fai mellor.

Xa vos contaremos que lector gaña o concurso.
Que nervios!!!

Autores: SANTIAGO, DAVID E GIANFRANCO.

jueves, 21 de octubre de 2010

As nenas do ano pasado volven a actuar,esta vez no samain pero non pensedes que os vamos dicir o titulo da cancion,porque vai ser sorpresa.Esperamos que vos guste,e bon samaiiiiin.

miércoles, 20 de octubre de 2010

Xa chegou Gemma!!!


Chegou ao Frian unha nova profe (en realidade auxiliar de conversa) , Gemma, e acompañaranos ao longo do curso.



O pasado 6 de Outubro chegou ao Frian, Gemma, unha rapaza orixinaria de Gales, (Gran Bretaña). Ten 20 anos e non sabe español, pero, grazas aos nosos pequenos coñecementos de inglés e algunha que outra axuda da profe Montse, conseguimos entendernos e aprendimos algo sobre a súa localidade e as súas tradicións. Gústanos moito estar con ela e dámoslle a benvida.


Autores: NESTOR, TAMARA, CANDELA E ALDARA


Se queredes saber máis sobre Gemma, aquí tedes o enlace da páxina do cole:






martes, 19 de octubre de 2010

Xa chegou 6º !!




Este sábado regresaron os alumnos de 6º da súa excursión a Mérida.

Os alumnos de 6º, chegaron o sábado 17 de Outubro a Vigo dende Mérida.

Contáronnos que fixeron moitas actividades:

-Montaron en canoa nun lago.
-Subiron un rocódromo.
-Tiráronse por unha tirolina.
-Tiveron noite do terror e noite do baile con discoteca.
-Fixeron un concurso de cancións no que gañaron os nenos.
- Tamén visitaron o coliseum Romano.

Pasáronno moi ben con este proxecto de inversión lingüística.


O VINDEIRO ANO TÓCANOS!!!!!!!!!
Autor@s: Alba, Ana, Antía e Roberto







viernes, 15 de octubre de 2010

Portatiles en Galicia




Portátiles en Galicia



Ao parecer os portátiles para 5º curso xa chegaron a seis colexios en Galicia.
Pero ao noso colexio non.

Fai uns dias que chegaron os portátiles a Galicia.Pero, por desgraza non ao colexio Frian.Onde os nenos/as de 5ºcurso esperan impacentes a sua chegada para realizar traballos neles.En outras comunidades xa puxeran en marcha este proxecto fai poucos anos.Noutros colexios de Galicia xa chegaron,nós esperamos que cheguen pronto.E isto e todo do que lle podemos informar de momento.
AUTORAS: LAURA E ANTÍA (5ºB)






lunes, 11 de octubre de 2010

Unhas hortalizas moi especiais

Estas hortalizas son enormes. O luns 11 de Outubro a primeira hora da mañá, a profe mostrounos unha cabaciña, unha cebola e unha pataca. A cabaciña era tan grande coma dúas cabezas adultas xuntas! A cebola era tamén descomunal para o seu tamaño e a pataca... tiña forma de tartaruga!!! Tamén trouxemos unha báscula antiga ( ainda que estaba estropeada e non a poidemos utilizar). Quedamos asombrados polo seu tamaño e beleza e deixámosvos unhas fotos para que vós tamén alucinedes.





viernes, 8 de octubre de 2010

Eliximos delegada!

Onte, 7 de Outubro, fixemos unha votación para elixir a delegada da clase; o voto foi secreto. Presentáronse: Ana, Antía, Whitney, Alba e Noa.
Whitney foi a que tivo máis votos e agora é a delegada da clase. Ana e Antía quedaron empatadas polo que son subdelegadas e pasarán a ser delegados nos próximos trimestres.

Os mofos máis interesantes.


Onte estivemos a ver mofos cunha lente binocular, que amplía as imaxes entre 20, 40 ou 60 veces. Permite observar detalles de seres pequenos. O primeiro mofo que vimos estaba en pan, e parecía un bosque cheo de árbores. E o segundo mofo estaba nun allo, era todo negro con puntiños máis claros.
Estivo moi ben ver mofos diferentes, pero aquí remata a nosa nova.

Ata a próxima!!!


miércoles, 6 de octubre de 2010

ARRINCANDO

Estamos na aula de informática arrincando co noso Blog.










Un día coa policia local.


Os alumnos de 5º de Primaria tiveron unha visita da policia.

A 4ª hora chegaron catro gardas de tráfico e estiveron explicándonos as normas de circulación (semáforos e sinais, normas para conducir tanto os coches coma as bicis, seguridade peatonal...)

Ao final, fixemos unha actividade que nos pareceu moi divertida: atopar os erros. A continuación regaláronnos unhas libretas con como andar en bici, xogos e consellos; e tamén uns bolis, cos que escribimos esta noticia.

Ademais,contáronnos que o ano que ven iremos ao Castro,a circular nun circuito coa bicicleta. Xenial!!!

Despedímonos de Tucho e Pili,e agradecémoslle a súa visita . Volvede pronto!!!




Proba Alba Carmen

Os alumnos de quinto tiveron unha visita da policia local.O pasamos moi ben¡¡¡Porque ensinaronos as normas víais etc.

Proba Antía&Aldara

Hola, somos Antía e Aldara. Estes días no cole estamos a facer o diario de clase. Trata de contar nunha libreta as cousas que nos sucederon o día anterior. Faise por parellas e na hora do recreo (non podía ser na hora de matemáticas??!!). Iso si, non tapedes o dos outros nin poñades cousas ofensivas, porque a xente podería tomalo a mal. Pero, a pesar de todo, tampouco está tan mal.

Agora xa tedes máis información sobre o diario de clase, pedídelle a vosa titora se vos deixa facer un e...a escribir!!!!!!!!!!!!!

prueba Santiago Y Nestor