O pasado sábado ,27 de Novembro, algunhas familias do colexio foron a unha excursión organizada pola ANPA ás Gándaras de Budiño. Alí un biólogo guiounos polo monte e foi facendo preguntas sobre climas da zona: a lagoa, a turbeira e o bosque de ribeira. Os acertantes gañaron pegatinas. Fomos a un observatorio de aves e vimos unha garza. Estivemos nunha lagoa e nunhas montañas de terra branda que se chaman turbeiras onde o pasamos en grande escalando e deslizándonos por unhas pendentes.
Foi moi divertido e gustaríanos volver.
Moi ben Aldara e Candela, encántame o slide que fixéchedes. Noraboa.
ResponderEliminarESTA EXCURSION ENCANTOUME
ResponderEliminarEncantoume o slide e tame a noticia haber que di Arturo.Jjajajajajaja...
ResponderEliminarCarmen =)