martes, 21 de diciembre de 2010
lunes, 20 de diciembre de 2010
Obradoiro de postais con Iria.
O Venres 17 de Decembro veu Iria, unha antiga alumna do noso colexio, a ensinarnos como facer postais de Nadal. Foi moi divertido porque eran distintas, pintamos con témpera e fixemos colaxe con revistas e papel de regalo. Ensinounos algúns trucos de como facer postais abstractas. E aquí temos unhas fotos da nosa experiencia.
Xa chegamos de Santiago!!!
O grupo finalista do concurso de Lectura en Voz Alta , formado por: Aldara Diéguez, Lola Barreiro, Aroa Álvarez, David González e David Domínguez, foi a Santiago de Compostela á gran final. A pesares de que o fixeron moi ben, non gañaron; aínda así quedaron finalistas e recibiron un lote de libros cada un. Pasárono moi ben e estan dispostos a participar o vindeiro ano.
miércoles, 15 de diciembre de 2010
GRAN DEBATE NO CLUB FRIANCIÑO
O venres 10 de decembro de 2010 celebrouse un debate na aula de 5ª A.
O tema foi : "Utlización dos animais para experimentos científicos".
O debate foi moi axitado e longo.
Aquí deixámosvos algunhas secuencias do mesmo.
Se queredes tomar partido por algún dos dous bandos, deixa o teu comentario, a poder ser razoado, así seguirá o debate.
1ª parte
2ª parte
3ª parte
AUTOR@S: ALBA, CARMEN, TAMARA E ROI
O tema foi : "Utlización dos animais para experimentos científicos".
O debate foi moi axitado e longo.
Aquí deixámosvos algunhas secuencias do mesmo.
Se queredes tomar partido por algún dos dous bandos, deixa o teu comentario, a poder ser razoado, así seguirá o debate.
1ª parte
2ª parte
3ª parte
AUTOR@S: ALBA, CARMEN, TAMARA E ROI
jueves, 9 de diciembre de 2010
Xa temos gañador do concurso de lectura!!!!!
Sabedes que fixemos un concurso de lectura en grupos xa hai tempo anunciado.
Pois xa temos os gañadores!!!O grupo esta formado por: Lola Barreiro e Aldara Diéguez de 5ºA e, de 5ºB, David Dominguez, David Gonzalez e Aroa Alvarez. Este grupo interpretou a 1ª parte da obra "Mamasiña que medo!"
Todos os grupos fixérono moi ben e o grupo gañador pasará a unha seguinte selección intercolexial.
Se queredes ver os videos dos concursantes premede na foto.
Todos os grupos fixérono moi ben e o grupo gañador pasará a unha seguinte selección intercolexial.
Se queredes ver os videos dos concursantes premede na foto.
Feito por: Aldara, Lola e Lucia.
Gañadoras do Spelling Bee!!!!!!
Xa eleximos as gañadoras do spelling bee que nos representarán no concurso.
Estas nenas son: Noa Copero Lamas de 5ºB e Antía Martínez Prado de 5ºA. Foron seleccionadas na primeira proba na que todos tiñan que escribir palabras que lles deletreaba Montse, a profesora de Inglés.
Todos o fixemos moi ben.
Picade aquí para saber máis:
Spelling Bee
Noa 5ºB e Antía 5ºA.
Estas nenas son: Noa Copero Lamas de 5ºB e Antía Martínez Prado de 5ºA. Foron seleccionadas na primeira proba na que todos tiñan que escribir palabras que lles deletreaba Montse, a profesora de Inglés.
Todos o fixemos moi ben.
Picade aquí para saber máis:
Spelling Bee
Noa 5ºB e Antía 5ºA.
jueves, 2 de diciembre de 2010
Un gran debate!!!
En Lingua Castelá estamos aprendendo a interpretar o papel que nos reparte a profe Conchi.Temos que dicirvos que imos facer un debate. A metade da clase defenderá que os animais non sexan utilizados para probas científicas, e a outra metade dirá as ventaxas que ten facelo.
Este debate representarémolo o vindeiro venres. A ver quen gaña!!!
miércoles, 1 de diciembre de 2010
Excursión as Gándaras de Budiño
O pasado sábado ,27 de Novembro, algunhas familias do colexio foron a unha excursión organizada pola ANPA ás Gándaras de Budiño. Alí un biólogo guiounos polo monte e foi facendo preguntas sobre climas da zona: a lagoa, a turbeira e o bosque de ribeira. Os acertantes gañaron pegatinas. Fomos a un observatorio de aves e vimos unha garza. Estivemos nunha lagoa e nunhas montañas de terra branda que se chaman turbeiras onde o pasamos en grande escalando e deslizándonos por unhas pendentes.
Foi moi divertido e gustaríanos volver.
Foi moi divertido e gustaríanos volver.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)