jueves, 28 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro cada aula escolleu unha poesía escrita en galego e outra en castelán. O alumnado de 5º escribiu e adornou os poemas ¡A volar! de Rafael Alberti e "Viento de amor" de Juan Ramón Jiménez en lingua castelá, e "Campaíñas do Courel" de María Fernández e "Bolboreta" de Manuel María en lingua galega.
Cos traballos de todo o colexio faremos dous libros de poesía que poderedes ver no blog da biblioteca.


Aquí vos deixamos os nosos poemas, esperamos que vos gusten.


miércoles, 13 de abril de 2011

O espíritu do bosque

O pasado 7 de abril o alumnado de 4º representou a obra "O espírito do bosque no auditorio da ESAD. Asistiron dous colexios máis, O Pombal coa obra "A Sobreira Vella" e o colexio Seis do Nadal con "Ai mamasiña que medo!"
O noso curso tivo a sorte de acompañar a eses grandes artistas, tamén fixemos de figurantes no escenario, convertímonos en cogomelos, flores, piñeiros e trasnos. O conxunto de todos nós era un bosque espectacular.
As dúas actuacións foron moi bonitas, pero máis graciosa resultou "Ai mamasiña que medo!"

Se queredes saber máis, premede aquí:



Autoras:Alba e Tamara
.

martes, 12 de abril de 2011

Fomos a un museo!!!

O venres "8 de abril" 5ºA e 5ºB viaxamos a Pontevedra para visitar un museo. No museo ensináronnos cousas que utilizaban na antigüedade coma: muíños, puntas de lanzas e de espadas, machadas de pedra, agullas, unha vasilla de cerámica, restos dunha áncora etc.... Fixemos unha ficha que completabamos cando atopabamos os obxectos que pedían que buscaramos. Había unha habitación que era coma o despacho de Méndez Núñez, tamén unha sala que semellaba a sala de oficiais da Fragata Numancia. Vimos varias salas con distintas maquetas:Da Fragata Numancia, dunha embarcación vikinga, tamén a da Santa María (coñecida como "A Galega") que é o barco co que Colón chegou a América no ano 1.492.
Feito por: Carmen e Lola.

lunes, 11 de abril de 2011

Día do Libro Infantil.

O mércores 6 de abril, celebramos o Día do Libro Infantil. No colexio estivemos a traballar un libro de Xosé Neira Vilas, o libro titúlase "Memorias dun neno labrego". Alumnos e alumnas dos distintos cursos encargáronse de ler en alto para todos os distintos capítulos do libro.
O profesorado de Normalización Linguística e Tic do colexio elaborou un lim sobre este libro. Os nenos de 5º utilizámolo, está moi ben!
Podedes atopar este lim na páxina web do cole.


Aquí tedes algunhas imaxes dese día: