O pasado 7 de abril o alumnado de 4º representou a obra "O espírito do bosque no auditorio da ESAD. Asistiron dous colexios máis, O Pombal coa obra "A Sobreira Vella" e o colexio Seis do Nadal con "Ai mamasiña que medo!"
O noso curso tivo a sorte de acompañar a eses grandes artistas, tamén fixemos de figurantes no escenario, convertímonos en cogomelos, flores, piñeiros e trasnos. O conxunto de todos nós era un bosque espectacular.
As dúas actuacións foron moi bonitas, pero máis graciosa resultou "Ai mamasiña que medo!"
Se queredes saber máis, premede aquí:
Autoras:Alba e Tamara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario