martes, 12 de abril de 2011

Fomos a un museo!!!

O venres "8 de abril" 5ºA e 5ºB viaxamos a Pontevedra para visitar un museo. No museo ensináronnos cousas que utilizaban na antigüedade coma: muíños, puntas de lanzas e de espadas, machadas de pedra, agullas, unha vasilla de cerámica, restos dunha áncora etc.... Fixemos unha ficha que completabamos cando atopabamos os obxectos que pedían que buscaramos. Había unha habitación que era coma o despacho de Méndez Núñez, tamén unha sala que semellaba a sala de oficiais da Fragata Numancia. Vimos varias salas con distintas maquetas:Da Fragata Numancia, dunha embarcación vikinga, tamén a da Santa María (coñecida como "A Galega") que é o barco co que Colón chegou a América no ano 1.492.
Feito por: Carmen e Lola.

1 comentario:

  1. Estivo moi ven esa escursión!!! A min o que máis me gustou foi cando nunha parte nos dixeron que estavamos arriba da auga.
    Tamara=).

    ResponderEliminar