O venres pasado os nenos do 3º ciclo fomos a dúas saídas:
Unha ao museo do MARCO e outra a un bus de GAUDÍ.
Na do museo do MARCO explicáronnos o arte de Martin Creed e participamos nunha das súas obras: como a Creed o que máis lle gustaba das súas obras era o aire, quixo que nunha delas se puidera ver. Inflou globos azuis e meteunos na planta baixa do museo. Nós, metémonos onde estaban os globos e alí xogamos cambiando a obra de Martin Creed, e os nosos pelos quedaron de punta por mor da electricidade estática. Logo fomos a un bus-escola donde nos falaron de GAUDÍ e a súa construcción La Pedrera. Dúas chicas ensináronos maquetas das súas obras explicaronnos que GAUDÍ
sempre se fixaba nas formas da natureza.
Gustounos moito e aquí vos deixamos un Kizoa coas fotos da excursión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario