O pasado domingo día 8 de Maio os pais e fillos animados realizamos unha andaina polo monte Vixiador, e viaxamos polo tempo ata a prehistoria.
Empezamos a andaina no Neolítico, buscando mámoas, que son antigas construccións de pedra onde se enterraban os mortos hai 6.000 anos. Logo cambiamos ata a idade de Bronce, onde buscamos, observamos e incluso calcamos petroglifos. O petroglifo que calcamos estará exposto na ANPA. Achamos zoas preciosas e Xosé, o noso guía, contounos moitas historias, como a da Santa Compaña.
Logo cambiamos outra vez de era, ata a idade de ferro, e visitamos un antigo pobo Celta derruido, o Castro de Neros, con preciosísmas vistas. Alí aprendemos a lenda da Moura-serpe.
Algúns quedamos a comer e pola tarde os rapaces fomos o zoo.
Todos o pasamos moi ben e quedamos con ganas de máis, pois foi unha excursión maravillosa. Mirade este Kizoa e o blog de María para máis información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario