miércoles, 7 de noviembre de 2012

O vindeiro martes vaise celebrar a festa do "Magosto". Deixamosvos unhas fotos dos anos anteriores.



domingo, 28 de octubre de 2012

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE TALENTOS

Finalizado o segundo Concurso de Talentos

Damos por finalizado o segundo concurso de talentos organizado por 6º B. Despois de moitas deliberacións...o xurado desta edicción deu o nome dos tres gañadores.

3º posición



2ª posición

1ª Posición e gañadora da segunda edición do noso Concurso de Talentos: ALBA.


 Entrégalle o premio o gañador da edición anterior VÍCTOR
  Non queremos esquecernos de presentarvos o noso equipo de son:

Moitas grazas a todos/as os/as participantes, ó público os mestres/as que durante estas dúas semanas acompañáronnos.

martes, 23 de octubre de 2012

CONCURSO DE TALENTOS 2ª EDICIÓN

O venres día 19, na hora do recreo comezou a segunda edición do Concurso de Talentos. Foi organizado polo alumnado de 6º B. a continuación deixámosvos un vídeo dos mellores momentos:


O luns 22, continuamos co Concurso, aquí tedes algúns dos momentos:

viernes, 28 de septiembre de 2012

POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO...

 Concurso de talentos 

Este ano o concurso de talentos será organizado pola clase de 6ºB. Vos decidides o que mellor facedes: cantar, bailar, maxia, dar toques co balón, recitar, teatro, tocar instrumentos, contar chistes...


          








          


En breves publicaremosas datas de inicio das probas.

 Boa sorte!!!!!!!!!            
        
                                  Marina, Ángela e Sara C
      

viernes, 14 de septiembre de 2012

BENVIDA Ó CURSO 2012/13

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria damos a benvida a este novo curso, que case seguro, será o noso derradeiro ano no Frian.


Este ano seremos os encargados de actualizar este blog.

lunes, 2 de julio de 2012

VIAXE FIN DE CURSO POR ANDALUCÍA

Acabamos de chegar da nosa viaxe por Andalucía e queremos compartir con todos vós estas fotos: 
   

 QUE BEN O PASAMOS!

miércoles, 20 de junio de 2012

Remata o proxecto de educación vial



 Onte pola mañá, 19 de Xuño, os alumnos e alumnas de terceiro ciclo acudimos ao Ifevi para unha demostración policial. Como remate do proxecto da educación vial, o concello organizou unha exhibición da policía local. Puidemos disfrutar de simulacións de casos reais do traballo do día a día da policía, tamén da destreza dos axentes sobre as súas motos facendo manobras moi complicadas. Pasámolo moi ben e descubrimos distintos aspectos do traballo da policía local que non coñecíamos.
 Aquí tedes unha pequena mostra desta exhibición:

viernes, 15 de junio de 2012

O NOSO ÚLTIMO TRABALLO

Como despedida, deixámosvos o noso traballo para o Xornal Escolar:  "A Voz de Frian". Queremos facer un repaso por o que fomos, somos e nos gustaría ser.
Os montaxes foron feitos con gimp un editor de imaxes co que levamos traballando todo o curso.

lunes, 4 de junio de 2012

RECOLLIDA DO PREMIO


Antía e Conchi recollendo o premio

O pasado sábado 2 de Xuño, os alumnos Noa Copero, Laura, Noel, Candela F., Aldara, Lola, Noa Carme, Brais, Ana e eu, Antía, (acompañados polos nosos familiares e profesores) viaxamos ata A Coruña para recoller o premio do concurso de prensa-escola. Fomos nun minibus ata o parque de Acea de Ama e, ao pouco de chegar, nos diriximos ao lugar onde se entregarían os premios e os diplomas. A profe Conchi e mais eu tiñamos reservados uns asentos co noso nome e, os demais, sentaron ao fondo sen deixar nin nun momento de animarnos. Cando dixeron o meu nome dirixinme ata o escenario e sentín unha sensación indescriptible. A miña familia e os meus amigos gritaban o meu nome mentres os aplausos soaban e o director de “La Voz de Galicia” entregábame un enorme diploma e un sobre cuns billetes para unha viaxe a Madrid. Foi un momento moi especial, que nunca esquecerei. Ao baixar do escenario fixemos fotos coa miña familia, cos meus compañeiros e coas profes... e mesmo co conselleiro de educación Jesús Vázquez! Cando rematou a entrega de premios fomos a comer unha hamburguesa ou unhas “salchi-patatas” e, despois, comezou a diversión... Primeiro botamos unha ollada aos concursos de hípica que alí había e tamén tivemos a oportunidade de visitar os diferentes obradoiros e as tendas das ONGs. Ás tres e media abriron os hinchables e alí pasamos un gran rato saltando, xogando á pita... e moitas cousas máis. Tomamos xeados e granizados e, despois dun día de diversión, tocounos a retirada. Para min foi un día inesquecible e espero que o pasarades tan ben coma min.

Antía M.


sábado, 19 de mayo de 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE

As alumnas de 6ºA, Aldara e Antía prepararon estes gloster sobre a figura de Valentín Paz Andrade

martes, 15 de mayo de 2012

CARICATURAS VALENTÍN PAZ ANDRADE

Os nenos e as nenas de 6ºB, fixemos estas caricaturas de Valentín Paz Andrade na clase de plástica. Como podedes ver, todas son parecidas, pero ao mesmo tempo, diferentes. Esperamos que o pasedes ben.

domingo, 6 de mayo de 2012

Circuítos eléctricos de 6º A

O alumnado de 6ºA coa axuda das nosas familias construímos uns circuítos que vos queremos mostrar. Premede na imaxe e veredes.



sábado, 5 de mayo de 2012

jueves, 26 de abril de 2012

Obradoiro para a Igualdade



 Onte rematamos o obradoiro para a IGUALDADE. Estivemos con Mara e aprendimos aínda máis cousas para vivir nunha sociedade xusta e igualitaria. Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos.

martes, 24 de abril de 2012

A MESETA

Se premes na seguinte imaxe, atopás de xeito ampliado o mapa conceptual feito cunha ferramenta dixital chamada freemind, sobre a Meseta

sábado, 14 de abril de 2012

A MOSTRA DO ENSINO, 12 DE ABRIL




O xove,s 12 de abril, o alumnado de 6º viaxou ata a Coruña para visitar a Mostra do Ensino, onde participaron nunha aula abalar demostrando  algunhas das cousas que levan aprendidas durante os dous últimos cursos. Convidados pola Consellería de Educación.

A continuación damos paso a unha reportaxe fotográfica, dos mellores momentos deste día tan especial.
Durante o noso paso pola Aula Abalar:


Houbo tempo para visitar  a Mostra:


Completamos o día visitando o Aquarium, a Casa dos Peixes de Coruña:

PASAMOS UN DÍA ESTUPENDO!

INFORMACIÓN SOBRE A 2ª PARTE DO QUIXOTE

Presentación realizada por Arturo, Xavi y David sobre la segunda parte del Quijote.

jueves, 12 de abril de 2012

RELEVO INSULAR

Realizado na Mostra do Ensino da cidade da Coruña o día 12 de abril de 2012

LIÑA DO TEMPO (PRESENTACIÓN) DA VIDA DE MIGUEL DE CERVANTES

Aquí vos amosamos un breve percorrido pola vida de Miguel de Cervantes:


INFORMACIÓN SOBRE A 1ª PARTE DO QUIXOTE

O xoves 12 de abril acudimos a unha esposición do ensino, na Coruña.No noso grupo fixemos un glogster sobre a primeira parte da obra de Cervantes "O Quixote" Esperamos que sexa do voso agrado.




Feito por: Xiomara, Noa e Candela.

PUBLICITANDO A LECTURA DE "O QUIXOTE"

Durante esta sesión Abalar na mostra de ensino na Coruña, o grupo formado por Noel e Antía fixeron co programa GIMP, este cartel publicitario de animación á lectura de "O Quixote".

CORDILLEIRAS QUE RODEAN Á MESETA

UNIDADES EXTERIORES Á MESETA

miércoles, 11 de abril de 2012

MOSTRA DO ENSINO NA CIDADE DA CORUÑA

O vindeiro 12 de abril estaremos na Coruña na " Mostra do Ensino". Traballaremos nunha aula abalar, 6º A en horario de 12:00 a 13:30 e 6ºB en horario de 4:00 a 5.30.

Faremos un traballo de investigación sobre os seguintes temas:


domingo, 25 de marzo de 2012

martes, 6 de marzo de 2012

TEMOS PEN PALS!!!


Os nenos e nenas de 6º estamos a coñecer a uns alumnos do instituto "Shawnee Mission West HS" en Kansas. A súa mascota é o viquingo.
A cada un de nós correspóndelle un rapaz ou rapaza deste instituto. Cremos que é unha gran oportunidade para aprender inglés e para facer amigos de culturas diferentes. Os nosos novos amigos teñen entre 14 e 17 anos e, aínda que son moito maiores ca nós, esperamos poder coñecelos mellor. Compartimos correos electrónicos os uns cos outros. Eles nos falan en inglés e, ás veces, en castelán; nós lles falamos en castelán e, ás veces, en inglés.
Fálannos de como lles vai no colexio e como é, cales son as súas aficcións, as súas cores preferidas...

Aquí tedes unha imaxe do escudo do equipo do instituto, que é de fútbol americano.







Feito por: Ana e Antía 6ºA

domingo, 4 de marzo de 2012

AS NOSAS AULAS ABALAR NA PRENSA

O mercores 29 de marzo, no xornal Atlántico Diario, na súa sección de Vigo aparece un artigo sobre as nosas Aulas Abalar e o emprego, nas mesmas, dos libros dixitais.
noticia prensa

viernes, 24 de febrero de 2012

2ª SESIÓN DO OBRADOIRO SOBRE IGUALDADE

Onte volvemos a estar con Mara, a monitora que leva o obradoiro de igualdade. Pasámolo moi ben e reflexionamos sobre como mostran os anuncios, os xogos  e videoxogos aos homes e  mulleres. Estas diferentes funcións segundo o sexo da persoa non é o que nós coñecemos no noso entorno; moitas das nosas nais traballan fóra da casa e moitos dos nosos pais cociñan e coidan de nós.

Aquí tedes unhas imaxes deste obradoiro 

jueves, 16 de febrero de 2012

UN PREMIO PARA ALBA

A nosa compañeira Alba recibiu hoxe un premio polo seu debuxo no concurso de Vigolandia, que este ano trataba o tema "A música no Nadal". Entregoulle o diploma o alcalde da nosa cidade e e despois déronlle moitos agasallos, tamén houbo un ágape moi rico e variado.
Aquí tedes as fotos onde podedes ver a Alba no Concello recibindo os agasallos e xa de volta ao cole onde lle esperaban os seus compañeiros e compañeiras.

martes, 14 de febrero de 2012

BAILE DE 6º

O mesmo día que fixemos, as alumnas de 6º, o teatro, un grupo preparou un baile. Tamén queremos que o vexades

martes, 31 de enero de 2012

Teatro para a excursión

Os alumnos de 6º estamos a facer unha obra de teatro chamada "El hijo del elefante." Actuamos o 3 de Febreiro no salón de actos da nosa escola, e logo, o 3 de Marzo no centro Cívico de Teis, para recadar fondos para a excursión de fin de curso. Estades todos invitados!
A obra trata dun elefante moi curioso ao que sempre pegan por facer preguntas, pero a pesar de todo quere saber... Que come o crocodilo?
A maior novidade é que os personaxes serán... As mans! A directora é María Alonso e os ensaios son os Luns, Mércores e Venres no recreo e o Xoves as 5:15 da tarde. Podedes vir a vernos cando queirades!
Esperamos que vos guste a obra!!!

Se premes na imaxe verás un vídeo da nosa obra!!!







Feito por Aldara, Candela e Carmen.



OBRADOIRO DE CARTELERÍA DIXITAL

O longo do primeiro trimestre estivemos a traballar nas aulas abalar co programa de manipulación de imaxes GIMP. Co gallo do Día da Paz propuxéronnos facer carteis anunciando este día. Na seguinte presentación podedes ver os traballos que fixemos:

miércoles, 18 de enero de 2012

As camelias

Os nenos de 6º A fixeron uns traballos sobre a camelia. O traballo consistía en facer un debuxo e escribir información sobre esta árbore.
Despois votamos o
mellor traballo para colocar no corredoiro. As gañadoras foron Candela G, Ana e Noa.
Se queredes ver os traballos , aquí tedes unha presentación con todos eles no kizoa.
Bos traballos, non si?